Aprobación de accións de investigación

25/02/2009

  • Resolución da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se aproba a acción: Avaliación da situación patolóxica en diferentes poboacións de ostra plana (Ostrea edulis). Estratexias de cultivo en batea. Investigador principal: Jaime Montes Pérez. Código de proxecto: PGIDIT-CIMA09/05.

 

  • Resolución da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se aproba a acción: Estudo da presenza de Marteilia sp. en distintos bancos naturais de longueirón vello, Solen marginatus, do litoral galego. Investigadora principal: Carmen López Gómez. Código de proxecto: PGIDIT-CIMA09/03

 

  • Resolución da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se aproba a acción: Desenvolvemento e transferencia tecnolóxica das unidades modulares (minicriadeiros) de producción e preengorde de semente de ameixa. Investigador principal: Alejandro Guerra Díaz. Código de proxecto: PGIDIT-CIMA09/04.

 

  • Resolución da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se aproba a acción: Avaliación e seguimento científico das áreas mariñas pesqueiras protexidas declaradas pola Administración Pesqueira (ESCAMPE). Investigador principal: José Molares Vila. Código de proxecto: PGIDIT-CIMA09/02

 

  • Resolución da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se aproba a acción: Deseño de novas ferramentas de diagnóstico da bonamiose, caracterización da estratexia do parasito para eludir as defensas da ostra e busca de xenes marcadores de resistencia fronte ao parasito. Investigador principal: Antonio Villalba García. Código de proxecto: PGIDIT-CIMA09/01

 

  • Resolución da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se aproba a prórroga da acción: Control microbiolóxico integrado en criadeiros de moluscos. Investigador principal: Jaime Montes Pérez. Código de proxecto: PGIDIT-CIMA07/01.

 

  • Resolución da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se aproba a acción: Transferencia tecnolóxica, en especies de interese marisqueiro, e implementación da investigación a escala semiindustrial. Investigador principal: Dorotea Martínez Patiño. Código de proxecto: PGIDIT-CIMA09/06.

 

© Center for Marine Research (CIMA)
Pedras de Corón, s/n - Vilanova de Arousa - Pontevedra  |  Telf. +34 886 20 63 64 - Fax +34 986 50 67 88
Xunta Consellería de Pesca